Onte pola mañá participei na 35 edición da Carreira Popular de San Martiño e en compañía do meu fillo e doutros amigos percorrín ao meu ritmo os 10 quilómetros.
Foi unha magnífica carreira na que segundo a organización participaron 7.936 corredores, dos que máis de 2.000 chegaron de fóra da provincia. Felicidades polo éxito conseguido.
Pola tarde xa incorporado á campaña electoral despraceime ao Carballiño onde nun auditorio a rebordar tivemos un mitin no que participou o seu alcalde Argimiro Marnotes, o presidente provincial J. Manuel Baltar, quen escribe e o presidente Alberto Núñez Feijóo.
ourense/2011/11/07/feijoo-acusa-hablan-recortes-facturas-pagar/595302.html