viernes, 11 de noviembre de 2011

A intensidade da campaña electoral


A intensidade da campaña electoral: viaxes, gravacións de debates, entrevistas, mitins, encontros con colectivos, etc, non me permitiron ter moi actualizado este Blog nos últimos días.

Agora aproveito para facer un repaso das actividades destes catro primeiros días da semana

O luns 7 tivemos como xa deixei constancia o Acto da miña presentación como candidato a cargo de Alberto Núñez e no que fixen unhas reflexions sobre a situación económica, o noso programa para saír da crise e sobre a chegada da alta velocidade a Ourense e a súa integración na cidade.

O martes 8 viaxei a Santiago para gravar na TVG o debate electoral dos cabezas de lista por Ourense e que se emitiu ese mesmo día a unha hora tardía, as 23,45 horas. A pesar diso tivo unha audiencia do 13 % o que vén ser unhas 10.000 persoas na provincia.

E ese mesmo día estiven en Xinzo de Limia paseando polas súas rúas co alcalde Antonio Pérez, J. M. Baltar, os mebros da candidatura e o presidente Núñez Feijóo. A continuación viaxamos a Verín e alí no seu pavillón de deportes tivemos o mitin no que intervino o alcalde Juan Jimenez, o presidente provincial, J, Manuel Baltar, eu mesmo e o presidente do PP de G. Alberto Núñez.

O mércores 9 volvín novamente a Santiago a gravar na Radio Galega un debate cos cabezas de lista das outras dúas formacións. Pola tarde tivemos en Ourense o acto inaugural da carpa do Paseo e contamos coa presenza de Afonso Rueda.

E a última hora da tarde fun ata o barrio da Carballeira, e no local da AA.VV Castelo, tivemos un mitín no que interveu, Aurelio Gómez Villar, Rosendo Fernandez, Guillermo Collarte e eu mesmo.

E onte xoves 10, unha vez máis debín viaxar a Santiago a gravar unha entrevista electoral da TVG e pola tarde estiven na carpa e nun mítin en Ourense, na Ponte, no que Pepe Araujo nos presentou, e que resulto un éxito de público.