- Ourense foi a provincia con mais alta participación de Galicia (73,59%), cinco puntos por riba do ano 2008 e dous puntos máis ca media nacional (71,69 %), feito que lexitima, se cabe, aínda máis o triunfo electoral acadado o domingo polo Partido Popular.
- Ourense foi a provincia de Galicia con maior apoio ao PP 113.972 votos (56,65%) -superando en catro puntos a media galega (52,52%) e en 12 puntos a media de España (44,62).
- Ourense situase entre as sete provincias españolas con maior porcentaxe de apoio ao PP. Superou a 43 provincias.
- O PP de Ourense gañou en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia, vencendo tamén en todos os partidos xudiciais e superando en 20 puntos a suma de PSOE e BNG xuntos.
- O PP de Ourense foi a forza máis votada en 86 dos 92 concellos da provincia.
- A provincia de Ourense acadou tamén a maior diferenza de Galicia entre os votos populares e a suma de socialistas e nacionalistas (19,33 puntos), e foi tamén a provincia que máis diferenza rexistrou entre PP e PSOE (28,72 puntos), superando co BNG os 47 puntos.
- En Ourense capital, onde gañara o PSOE en 2008 con catro puntos de diferenza, o PP foi nestas eleccións a forza máis votada (47, 61%), 13,56 puntos máis que o PSOE. Extrapolando estes resultados o PP obtería a maioría absoluta: 15 escanos.
- Os concellos, excluída a cidade, onde máis votos tivo o PP foron: O Carballiño, Verín, O Barco e Xinzo de Limia, por esta orde.
- Os cinco concellos de Galicia con maior apoio ao PP son ourensáns: Beariz (88,6%), Avión (88,5%), Quintela de Leirado (84,6%), Chandrexa de Queixa (80,9%) e Pontedeva (81,5%).
- Con estos resultados o PP, que gañou en todos os partidos xudiciais, obtería 3 deputados provinciais máis dos actuais: un polo partido xudicial de Ourense, outro por Ribadavia e outro por O Carballiño. Serían entón 18 de 25 os escanos populares.
- Así mesmo, o PP de Ourense tería con estes resultados 2 escanos máis no Parlamento de Galicia (9 en total PP), fronte aos 7 actuais.
* Os resultados citados non computan o voto dos residentes no exterior.