Onte pola tarde asistín no Teatro Principal de Ourense ao Acto de Entrega das Insignias de Ouro da Federación de Asociacións de Vecinos Limiar.
Recibiu a medalla de ouro o seu presidente Manuel Carneiro. Tamén foron distinguidos, o concelleiro Odilo Masid e outros dous directivos de asociacións de veciños: Benita Conde e Manuel Calvo.
Ademais foi recoñecida a achega da Fundición Malingre ao progreso do barrio do Couto.
Parabén aos premiados polo recoñecemento ao seu traballo.