lunes, 12 de diciembre de 2011

Proposta de nomeamentos no Congreso e no Senado


Hoxe participei na reunión da Xunta Directiva Nacional, na que Mariano Rajoy propuxo que a representación do PP na constitución da Cámara Baixa e da Cámara Alta quedaría así:

Congreso

Candidato á presidencia do Congreso: Jesús Posada
Vicepresidencias primeira e terceira do Congreso: Celia Villalobos e Dolors Montserrat.
Secretarios: Ignacio Gil Lázaro e Santiago Cervera.
Portavoz do Grupo Popular no Congreso: Alfonso Alonso.

Senado

Presidente do Senado: Pío García-Escudero
Vicepresidencia primeira do Senado: Juan José Lucas
Secretarios: Ramón Rabaneda e Matías Conde
Portavoz do Grupo Popular no Senado: José Manuel Barreiro.

Finalmente, Mariano Rajoy anunciou que mañá se constitúen as Cortes Xerais: os membros das mesas, portavoces, comités de dirección e comisións.

E que ademais, os días 19 e 20 de decembro terá lugar o Debate de Investidura, o día 20 de decembro elixirase ao presidente do Goberno, o 21 de decembro será a toma de posesión do presidente do Goberno, o día 22 de decembro tomarán posesión da súa carteira os ministros e, para rematar, o día 23 terá lugar a primeira reunión do novo Consello de Ministros.

Quero felicitar a todos os propostos e moi especialmente ao meu paisano José Manuel Barreiro.