Despois do importante nomeamento como ministra de Fomento de Ana Pastor a pasada semana, hoxe coñecimos varios nomeamentos do Consello de Ministros nas áreas dos corpos e forzas de seguridade do Estado, de Sanidade e na área orzamentaria de Economía, que afectan a políticos galegos.
Asó o meu compañeiro deputado no Congreso Arsenio Fernández de Mesa asumirá a Dirección Xeral da Garda Civil, e as Conselleiras da Xunta, Pilar Farjas Abadía asumirá a Secretaria Xeral de Sanidade e Marta Fernández Currás que se fará cargo da importantísima Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos.
Noraboa e moita sorte a todos nas suas importantes responsabilidades.