Hoxe o Congreso dos Deputados aprobou a investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, con 187 votos a favor, 149 en contra e 14 abstencións. Con esta votación, o canditato á Presidencia proposto pola súa Maxestade o Rei obtén a confianza da maioría absoluta da Cámara.
A Sesión comezou onte ás 12 horas, coa intervención do candidato á Presidencia do Goberno. Jesús Posada suspendeu a sesión, que se renovou ás 16.00 horas coa intervención dos representantes designados polos grupos parlamentarios, de maior a menor, salvo o portavoz do Grupo Popular, que o fixo o último.
Durante a xornada de hoxe, a partir das 9 horas, a sesión continuou coas intervencións dos representantes do Grupo Parlamentario Vasco (PNV), o Grupo Mixto e o Grupo Popular. Unha vez concluído o debate, tivo lugar a votación.
Unha vez investido polo Congreso dos Deputados, o presidente da Cámara comunicará a votación O Rei, que lle nomeará presidente do Goberno.