Temos que celebrar que nestes últimos días déronse pasos adiante en relación coa nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Ourense (EDAR).
Así o 20 de decembro os Consello de Administración da Sociedade Estatal Aguas de las cuencas del Norte (acuaNorte) aprobaba o convenio a suscribir co Concello de Ourense e co organismo autónomo Augas de Galicia para á ampliación da EDAR da capital.
E salientar que o pasado día 23 de decembro o Consello da Xunta autorizou a firma desde convenio entre a Xunta, o Goberno central e o Concello.
Este acordo permitirá facer un investimento de 67,4 millóns de euros para unha nova depuradora para un caudal medio de 60.450 m3/día e que dará cobertura a un potencial de 180.000 veciños do concello de Ourense e da súa área de influencia.
Lembremos que a infraestrutura actual non dispón de capacidade suficiente e ademais ten unha orde xudicial de derribo. Tratas pois dunha actuación prioritaria que contará con apoio do fondos europeos.
Ademais haberán de executarse obras de prolongación do actual colector ata o bombeo de auga bruta da nova EDAR.
Sen dúbida esta será un dos proxectos de investimento dos que deberemos estar moi pendentes na presente lexislatura.