viernes, 16 de diciembre de 2011

Visitando unha gran empresa de forxa: Cie Galfor

Hoxe despráceime ao Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e estiven na planta de produción Cie Galfor que é unha compañía do Grupo Cie Automotive especializada na fabricación e mecanización de pezas forxadas para automoción, talles como cigüeñais, eixos dianteiros, palieres, etc.

O obxecto da visita foi participar no acto de inauguración da cuarta liña de fabricación de cigüeñais forxados, que presidiu o Conselleiro de Economía e Industria Javier Guerra e o presidente de Cie Automotive Antón Pradera Jáuregui.

Esta empresa ten unha longa tradición na nosa provincia pois se constituíu en 1966 como Barreiros Orense, S.A. e en 1980 pasou a chamarse Forxas de Galicia. Oito anos máis tarde integrouse no Grupo GSB, denominándose GSB Galfor, S.A. A fusión dos grupos GSB e Corporación Industrial Egaña, en 2002, dió lugar ao Grupo CIE Automotive.

Parabéns aos traballadores e directivos desta gran empresa exportadora da que podemos sentirnos moi orgullosos en Ourense. Un exemplo: produce en San Cibrao das Viñas nada menos que o vinte por cento dos cigueñais dos vehículos europeos.