viernes, 27 de enero de 2012

EPA do IV Trimestre de 2011: Lamentables resultados


Hoxe o INE deu a coñecer os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), correspondentes ao cuarto trimestre de 2011.

Son os seguintes:

Ourense

A taxa de paro en Ourense no cuarto trimestre do presente ano situouse nun 19,08 por cento. (26.300 parados en total).

No cuarto trimestre de 2010 situábase no 17,00 por cento (23.600 parados). Medra o paro en 2.700 persoas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano 2011 situouse en 111.600, inferior aos 115.300 do cuarto trimestre de 2010. Baixa a ocupación en 3.700 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 48,40 % lixeiramente superior a taxa do cuarto trimestre de 2010: 48,34 %

Estos datos referidos a Ourense reflicten que seguimos a manter o diferencial positivo coa taxa de paro en España, que neste cuarto trimestre situouse no 22,85 % , pero a taxa de Ourense ten diferencial negativo respecto da de Galicia que situouse no 18,30 %.

Galicia

A taxa de paro en Galicia no cuarto trimestre do ano 2011 situouse nun 18,30 por cento (240.400 parados en total). No cuarto trimestre de 2010 situábase no 15,69 por cento (203.500). Medra o paro en 36.900 persoas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano 2011 situouse en 1.072.900 inferior os 1.093.100 do cuarto trimestre de 2010. Baixa a ocupación en 20.200 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 55,33 % inferior a taxa do primeiro trimestre, 54,43 %.

A taxa de paro en Galicia, segue a estar máis de catro puntos por debaixo da taxa de paro do conxunto de España, en concreto 4,55 puntos por debaixo ( 18,3 en Galicia fronte ao 22,85 do conxunto do Estado).

Galicia, é a sexta Comunidade Autónoma con menor taxa de paro.

Galicia reduce o número de ocupados en menor medida que a media do Estado (1,30 fronte ao 1,92 do Estado).

Polo que se refire ao número de parados o incremento da Comunidade Autónoma de Galicia, está na media Estatal (6,1 Galicia fronte ao 5,93 do Estado).

España

A taxa de paro en España no cuarto trimestre de 2011 situouse nun 22,85 por cento (5.273.600 parados en total).

No cuarto trimestre de 2010 situábase no 20,33 por cento (4.696.600 parados). Medra o paro en 577.000 persoas.

O número de ocupados no cuarto trimestre do ano 2011 situouse en 17.807.500, inferior aos 18.408.200 do cuarto trimestre de 2010. Baixa a ocupación en 600.700 persoas.

A taxa de actividade sitúase no 59,94 % lixeiramente inferior a taxa do cuarto trimestre de 2010: 59,99 %

O número de fogares con todos os seus membros activos en paro sitúase en 1.575.000.