Hoxe é un día para homenaxear aos tres heroicos membros do Corpo Nacional de Policía que onte de madrugada demostrando unha enorme humanidade e valentía fixeron o imposible para tratar de rescatar a un estudante de nacionalidade eslovaca das augas embravecidas do Orzán coruñés.
O resultado do seu encomiable esforzo non pode ser máis tráxico, o policía lucense Javier López López, faleceu e o seu cadáver xa foi recuperado.
Desgraciadamente a esta hora ainda non se localizaron aos outros tres desaparecidos o que fai pensar no peor.
O comportamento destos policías ten sido exemplar e amosa unha vocación extraordinaria de servizo público que merece un sinceiro recoñecemento e atención as súas familias.
As miñas condolencias ás familias e tamén a todo o Corpo Nacional de Polícia do que hoxe, mais que nunca, sentímonos mais perto.