lunes, 9 de enero de 2012

Toma de posesión do Delegado do Goberno en Galicia


Hoxe estiven na Coruña na toma de posesión de Samuel Juárez como delegado do Goberno en Galicia.

No seu discurso, o novo delegado do Goberno, dixo que hai que reforzar e revisar a fondo o papel das administracións para mellorar en transparencia, evitar duplicidades, axilizar trámites e cuestionar vicios adquiridos.

Pola súa banda a ministra de Fomento, Ana Pastor, ratificou o seu compromiso coas infraestruturas galegas e afirmou que Galicia estará na primeira división do transporte viario, ferroviario, portuario e aeroportuario á vez que anunciou que se reunirá nos próximos días con todos os partidos políticos a nivel estatal e galego para dicirlles como está a situación e mellorar proxectos de futuro.

Pechou o acto o presidente da Xunta que entre outros mensaxes propuso fixar unha axenda de asuntos prioritarios co Goberno central no primeiro trimestre do ano para o que resta de lexislatura autonómica co Goberno central.