Hoxe houbo Consello de Ministros no que o Goberno que preside Rajoy presentou un novo paquete de reformas na súa loita contra o déficit público e compromiso de volver xerar crecemento.
Así coñecemos trala roda de prensa da Vicepresidenta que o Goberno reestruturará o sector público para simplificalo e mellorar o seu funcionamento:
O ministerio de Facenda e Administracións públicas presentou un informe orientado a redimensionar e adelgazar o sector público. O Goberno socialista deixou un armazón de 4.000 entes públicos que o Goberno actual prevé reducir seguindo a súa política de austeridade.
Esta reforma expón unha tarefa compartida entre o Estado, os entes públicos e as comunidades autónomas para alcanzar os obxectivos de redimensión das
administracións públicas que se alcanzaron en 2010.
O Goberno márcase como obxectivo reducir en 8.171 millóns de euros a fraude fiscal:
O Goberno porá en marcha un Plan de control co que prevé reducir a fraude fiscal e facer fronte á economía mergullada.
O Goberno incrementará os mecanismos de control da fraude fiscal, para previlo, e facilitará aos contribuíntes a información sobre as súas obrigacións tributarias.
O Goberno pedirá ao Banco de España as retribucións dos directivos das entidades financeiras intervidas e que recibiron axudas estatais:
O obxectivo é que non se premie a aqueles xestores que levaron a estas entidades a unha situación problemática, a través da posta en marcha das medidas oportunas.
Esta iniciativa forma parte do informe que presentou Luís De Guindos sobre a situación do sistema financeiro para levar a cabo a reforma do mesmo anunciada polo Goberno no primeiro semestre de 2012.
O Goberno socialista volve deixar á Seguridade Social en déficit:
O Goberno socialista asegurou que habería un superávit do 0,4% cando a realidade é que hai un 0,06% de déficit: 668 millóns de euros.
Esta situación repítese como xa ocorreu en 1996 cando o Goberno socialista deixou un déficit do 0,7%.
O Goberno chama á tranquilidade dos cidadáns e, como sempre fixo, pagará puntualmente as pensions.