viernes, 6 de enero de 2012

No pasamento de D. Isaac Díaz Pardo



Remato de chegar de Compostela tras acudir a capela ardente de D. Isaac Díaz Pardo que estaba instalada no Museo do Pobo Galego.

Tiven a oportunidade de expresar a sua familia o meu fondo pesar polo falecemento deste insigne intelectual, emprendedor e artista galego, todo un referente de traballo e de entrega incondicional a Galicia.

Un dos bos e xenerosos que nos deixa pero que queda para sempre entre nos.