Vai ser coorganizada entre Termatalia, o Ministerio de Comercio Exterior e Turismo de Perú (MINCETUR) e PROMPERÚ.
O acto foi presidido pola secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, e tamén interviñeron a subdirectora de Desenvolvemento e Innovación Turística de Turespaña, Elena Valdés, o director do Observatorio Nacional de Termalismo, Xavier Ballbé, o presidente da Cámara de Comercio de Ourense e do comité executivo de Expourense, Celso Barbosa, e a tenente alcalde de Ourense, Isabel Pérez. Perú estivo representado pola Directora Nacional de Desenvolvemento Turístico de PROMPERU, Jessica Soto.
Certamente esta novidade ao decidirse a súa celebración en Perú supón cambio cualitativo para Termatalia e confíase en que esta feira especializada no Turismo Termal conecte a tradición de Europa e as potencialidades de América Latina co obxectivo captar novos investidores e de proxectarse internacionalmente como Destino Sostible, ademais de crear unha marca de "País termal" e situarse neste continente como líder no desenvolvemento do termalismo.
Os meus mellores desexos para Alejandro Rubín e todo o seu equipo.