Hoxe acudín á Catedral de Santiago de Compostela para fo asistir ao funeral de Don Manuel Fraga e que presidido polo Arcebispo D. Julián Barrio. Alí estaba a súa familia e decenas de autoridades entre elas o Presidente do Goberno e da Xunta de Galicia, e moitos centos de cidadáns que ateigaban o templo.
Tras a celebración relixiosa, trasladámonos á Praza do Obradoiro e alí vimos nunha gran pantalla un vídeo no que se observaron destacados momentos da vida de Don Manuel.
Resultou especialmente emocionante a interpretación por unha moza ourensá do Himno Galego.