martes, 10 de enero de 2012

Presencia dos parlamentarios do PP de G nas Cortes Xerais


Hoxe tivemos reunión do Grupo Parlamentario Popular do Congreso presidida por Mariano Rajoy na que coñecimos as responsabilidades que teremos nesta lexislatura.

Ademais de Ana Pastor que chegou a responsabilidade de Ministra de Fomento os outros 14 deputados electos do PP de G (mañá toma posesión o substituto de Arsenio Fernández de Mesa) ocuparán a presidencia da Comisión (Fomento- Celso Delgado), 3 portavocías, unha máis que na anterior Lexislatura (Antonio Erias-Enerxía; Joaquín García Díez-Pesca e Marta González-Igualdade); 2 vicepresidencias (Ana Vázquez-Interior e Telmo Martín-Seguridade Viaria), 4 portavocías adxuntas (Tristana Moralejo-Industria; Olga Iglesias-Consumo; Irene Garrido-Economía e Guillermo Collarte-Medio Ambiente) e dúas secretarías (Jaime de Olano-Presupostos e Paz Lago-Igualdade).

A próxima semana terá lugar a elección das Mesas das Comisions e cabe destacar a presenza de galegos en todas as relacionadas cos sectores produtivos importantes na nosa CC.AA., como Fomento, Pesca, Enerxía, Igualdade, Economía e Industria.

No Senado, á marxe de que a portavocía do GPP ostentaraa un galego, José Manuel Barreiro, os senadores ourensans teran todos responsabilidades. Así Carmen Leyte, presidirá a Comisión de Peticións, Miguel Pérez de Juan, presidirá a Comisión de Asuntos Iberoamericanos; Francisco Fernández Pérez será Vicepresidente da Comisión de Sanidade e Juan Manuel Jiménez Morán será secretario na Comisión de Comunidades Autónomas.

Deste modo os deputados e senadores galegos deixarán notar a súa presenza en Madrid nesta X Lexislatura. Á marxe de incrementar o seu número (o PPdeG logrou 14 das 19 actas de senadores que se xogaban en Galicia e 15 dos 23 deputados), tamén creceu o peso das súas responsabilidades, o que permitirá defender aínda mellor os intereses de Galicia.

http://www.veintepies.com/secciones/nacional_more.php?id=67795_0_22_0_M


http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/popular-celso-delgado-presidira-comision-fomento-congreso/idEdicion-2012-01-11/idNoticia-722344/

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/10/galicia/1326233901.html

http://www.laregion.es/noticia/190497/siete/diputados/senadores/ourense/tendran/cargos/madrid/

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2012/01/11/pp-gallego-acapara-puestos-responsabilidad-congreso-senado/568362.html

http://www.abc.es/20120111/comunidad-galicia/abcp-fomento-detecta-problemas-serios-20120111.html

http://www.elsemanaldigital.com/premios-inesperados-y-dos-ausencias-significativas-en-la-pedrea-del-pp-en-el-congreso--119122.htm

http://politica.elpais.com/politica/2012/01/10/actualidad/1326219328_074595.html