Hoxe na sede o Partido Popular de Ourense demos unha rolda de prensa, que comezou coa intervención do presidente provincial do PP, José Manuel Baltar, seguida logo da diputada Ana Vázquez, do senador Miguel Pérez de Juan e finalmente de quen redacta esta entrada. Nos acompañaba tamén o alcalde Leiro e Senador Francisco Fernandez.
O deputado Guillermo Collarte e os senadores Carmen Leyte e Juan Jiménez desculparon a súa asistencia por outros compromisos en Madrid.
Manuel Baltar, recordou que o PP de Ourense conta con sete representantes populares no Congreso e o Senado fronte a dous representantes do PSOE por Ourense, e que iso supón un plus de responsabilidade coa cidadanía.
Valorou orgullo con satisfacción que o PP de Ourense teña ebtre os seus representantes a persoas que ostenten cargos de responsabilidade nas Cortes, como Celso Delgado como presidente da Comisión de Fomento, Ana Belén Vázquez como vicepresidenta da Comisión de Interior do Congreso ou Miguel Pérez de Juan como presidente da Comisión de Asuntos Iberoamericanos no Senado.
Tamén o presidente provincial anunciou a posta en marcha dunha oficina parlamentaria na sede do PP en Ourense --formada por deputados autonómicos, nacionais e senadores baixo a coordinación da deputada Ana Belén Vázquez, coordinadora de política nacional no PP de Ourense.
A miña compañeira no Congreso Ana Vázquez explicou que a oficina servirá para trasladar e atender as demandas dos cidadáns ante o Goberno central, a Xunta de Galicia ou as Cámaras Legislativas: Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado . Informou que haberá un servizo de cita previa e un espazo na web do partido para recibir as propostas e que os parlamentarios desprazaranse ás sedes pola provincia para atender aos cidadáns e recoller as súas formulacións.
Miguel Pérez de Juan, falou en nome de todos os senadores, para dicir que nesta semana a Cámara Baixa constituirá as Comisións Parlamentarias nas que todos os representantes do PP ourensán terán responsabilidades.
Finalmente intervín para dar conta do balance do primeiro mes de goberno do Partido Popular, que permitiu coñecer de verdade a desastrosa situación económica do noso País.
Recordei que a peor herdanza é a cifra de parados da nosa Nación con máis cinco millóns de parados e ademais cun déficit público desmesurado.
Recordei como ata novembro de 2011 o goberno socialista insistía na cifra dun déficit do 6 % para o conxunto das administracións e que foi o 27 de novembro cando a Intervención Xeral do estado desvelou a cifra do 8 %, que supuña un buraco adicional de 20.000 millóns de euros.
Ante esta situación excepcional o Goberno de Rajoy se vió obrigado de inmediato a taponar esta sangría económica cunha resposta contundente e urgente.
Había urxencia un axuste que radica nunha contención do gasto público de 8.914 millóns de euros e nunha subida temporal de impostos de 6.275 millóns de euros. En total 15.189 millóns de euros.
Expliquei como iso obrigou a ter que pedir un esforzo aos españois en forma de subida temporal e excepcional dunha recarga no imposto sobre a renda das persoas físicas e do IBI, o imposto que grava a tenencia dos inmobles pero só para determinados valores e determinados inmobles nos pobos e nas cidades españolas. Dixen que eran medidas excepcionais para un tempo excepcional, para recuperar a credibilidade de España, medidas excepcionais para dicir a todos, á sociedade, aos investidores, aos nosos socios europeos, que o Goberno de España está comprometido coa corrección do déficit público máis aló de onde arraigue.
A continuación dixen que non todos os españois, entre eles os ourensáns ían sufrir as mesmas consecuencias, os mesmos custos, para saír da crise económica. Así o axuste é ponderado termos sociais, de modo que non afecte ás capas sociais de menor capacidade económica e que non descanse sobre os máis débiles.
Grávase proporcionalmente á capacidade económica do contribuínte e por un espazo temporal de dous anos e utilízase para iso o Imposto sobre a Renda en lugar daqueles que recaen sobre o consumo en termos xerais, como o IVE.
Ademais dixen que o decreto-lei cumpre con determinados compromisos electorais, como é a recuperación do poder adquisitivo das pensións no noso país. Por iso aprobouse unha subida das pensións e ademais non se reduciron nin suprimiron as prestacións por desemprego.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/01/24/celso-delgado-ave-e-proxecto-irrenunciable/0003_201201O24C4995.htm
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/01/24/celso-delgado-asegura-ave-gallego-irrenunciable-pp-ourense/617277.html
http://www.laregion.es/noticia/192658/subida/afecta/52000/ourensanos/
http://www.europapress.es/galicia/noticia-celso-delgado-pp-afirma-trabajara-misma-intensidad-antes-ave-contexto-20120123162602.html
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/01/24/celso-delgado-asegura-ave-gallego-irrenunciable-pp-ourense/617277.html
http://www.laregion.es/noticia/192658/subida/afecta/52000/ourensanos/
http://www.europapress.es/galicia/noticia-celso-delgado-pp-afirma-trabajara-misma-intensidad-antes-ave-contexto-20120123162602.html