lunes, 30 de enero de 2012

Sobre a lealdade e cooperación entre a Xunta e Goberno central para afrontar as infraestruturas pendentes de Galicia.


Hoxe o presidente Alberto Núñez Feijóo, nunha visita ao novo Parque empresarial da Laracha, que contou coa presenza da Ministra de Fomento, Ana Pastor, chamou á lealdade e á permanente cooperación entre a Xunta e Goberno central para afrontar as infraestruturas pendentes polas que Galicia agarda hai moito tempo.

Feijoo lembrou que a lealdade non foi sempre unha constante; e, que por iso, Galicia agradece con especial intensidade que a partir de agora poidamos afrontar desde a permanente cooperación estes asuntos, de extraordinaria relevancia para Galicia, para o noroeste e para España. Referindose ao AVE –á conexión do tren de alta velocidade coa Meseta e á finalización do tren de alta velocidade entre A Coruña e Vigo-; ás autovías pendentes, a Autovía do Cantábrico -clave para Galicia-, ao resto das autovías interiores e á autovía entre Pontevedra e Vigo; e ás conexións ferroviarias dos portos exteriores da Coruña e Ferrol.

No que ás infraestruturas refírese onte o periodista da Axencia Galega de Noticias, Jacobo Rei, publicaba no Progreso de Lugo e no Diario de Pontevedra unha entrevista que me fixo o pasado martes sobre as infraestruturas de Galicia.