O pasado xoves 9 de febreiro, a ministra de Fomento Ana Pastor na Comisión do Congreso, comprometía como un obxectivo fundamental do AVE en Galicia, o impulso ao Eixo Atlántico.
Ao día seguinte deste anuncio o Consello de Ministros autorizaba a licitación das obras do proxecto Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Tramo. Vigo- Urzaiz- Soutomaior. Superestructura de vía, cun orzamento de 77.303.763,92 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 15 meses.
Hai que recordar que este Eixo está incluído no Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Fomento, A Xunta de Galicia e RENFE para a mellora da Rede Ferroviaria interior de Galicia, asinado o 20 de decembro de 2000.
Once anos e dous meses despois aínda non está concluída a pesar de que o Goberno socialista comprometeuse a pola en servizo en 2009 (moción aprobada por unanimidade no Congreso o 22 de xuño de 2004).
Un Goberno popular que iniciou as obras deste Eixo será o que poña en servizo.