Hoxe estiven no emotivo acto de homenaxe que o PP de G organizou en Compostela en honor a Manuel Fraga.
Falou en primeiro lugar unha das suas fillas, Adriana e logo o Presidente Fernández Albor.
Falou en primeiro lugar unha das suas fillas, Adriana e logo o Presidente Fernández Albor.
De seguido o presidente Núñez Feijóo, lembrou que Manuel Fraga propuxo abrir o mundo a España e España ao mundo e acadouno, nunha primeira instancia, a través do turismo; e propuxo abrir España aos españois e acadouno como coautor da mellor obra colectiva deste país nos séculos XX e XXI: a Constitución Española.
Destacou Feijóo que Fraga recuperou aldeas, parroquias, recuperou cidades e concellos e Galicia recuperou décadas con el coma Presidente da Xunta. E dixo que o PP de G é o partido que mais se parece a Galicia e Manuel Fraga o político que máis se ten parecido a Galicia.
Achegou Galicia á actualidade e ao benestar a través de infraestruturas e servizos; achegou Galicia a España demostrando que se podía facer política de Estado a través dunha Comunidade Autónoma. Así mesmo, achegou Galicia aos galegos ensinándonos a valorar e querer aínda máis a nosa terra e achegou aos galegos entre si a través dun galeguismo útil, cordial e afectivo.
Feijóo, tamén subliñou o carácter perseverante de Manuel Fraga á hora de buscar ás ideas e levalas á práctica e que de aí xurdiu o Partido Popular. Hoxe o PP converteuse na formación que na historia de España ten máis presenza en cada unha das institucións locais, provinciais, autonómicas e estatais.
Rematou o presidente do PPdeG afirmando que, mentres sexa presidente, sempre terá un gran referente no fundador do partido ao que pertence e o seu obxectivo cada día é e será erguerse polas mañás sabendo entender o que Galicia quere, como soubo Fraga.
Pechou o acto Mariano Rajoy que lembrou que Fraga non esperou nunca a que o Estado ou os demais resolvésenlle os seus problemas o que supón unha lección moi importante e augurou que a crise e o seu fin veranse nun futuro como outra historia de éxito compartido por todos como moitas dos que tivo o expresidente galego.
Lamentou que, actualmente, está de moda falar mal da clase política, e dicir que todos os seus integrantes son "xente pouco merecedora de respecto" cando en realidade, asegurou, a maioría dos políticos en España "son xente honrada e decente", persoas que "non veñen aquí a enriquecerse" e "o mellor exemplo" diso é Manuel Fraga.
O presidente do PP e do goberno de España prometeu que os esforzos que terán que facer os españois para saír da crise económica serán compartidos, xustos e equitativos e advertiu de que conseguilo non será nada fácil nin tampouco inmediato, senón que levará tempo.
Rematou dicindo que lle debía a Fraga algo "tan menor como ser presidente do Goberno de España". Co cal, engadiu, "el tamén foi presidente do Goberno de España".