O pasado venres a ministra Ana Pastor reiterou en Vigo o compromiso do seu Ministerio co AVE a Galicia.
Neste sentido, anunciou que a próxima semana adxudicaranse catro tramos da plataforma por un valor de 396 millóns de euros e, antes de finalizar este mes, outros catro tramos cun orzamento de licitación de 586,4 millóns de euros, o que vai supor un investimento total de 982 millóns de euros.
Ademais, Ana Pastor engadiu que ao próximo Consello de Ministros leva unha proposta para a celebración do contrato das obras, de 65 millóns de euros, que van facer posible a superestructura total desde Vigo a Soutomaior dentro do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.
Destacar tamen da súa intervención que o investimento total previsto para pór en funcionamento o tramo Olmedo- Zamora- Ourense é de 7.023 millóns de euros. Desta cantidade, explicou, que entre os anos 2005 e 2011 só se pagaron ata agora 505,6 millóns de euros, o que supón o 7,2% de todo o investimento. Isto quere dicir que o investimento necesario para finalizar este tramo é de 6.517,4 millóns de euros.
Respecto deste mesmo tramo, a ministra afirmou que dos 334 km. totais tan só están finalizadas as obras de plataforma de 11,1 km., correspondentes a un pequeno subtramo, de Olmedo a Pozal de Galiñas, é dicir, só está terminado o 3,3% do total.
A pesar de todo iso, Ana Pastor reiterou o compromiso do Ministerio de Fomento co AVE a Galicia, o que significa investir e pagar as obras.
Respecto ao Eixo Atlántico de Alta Velocidade, destacou o compromiso do Ministerio para axilizar as obras que están en marcha. Así, a ministra sinalou que o investimento pendente para pór en funcionamento este proxecto é de 718,3 millóns de euros, ao que habería que engadir a estación do AVE de Vigo, da que por cierto afirmou que debería ser un proxecto sostible e viable económicamente.
Tamen se referiu ao túnel Vigo- Dás Maceiras, que con 8,2 quilómetros de lonxitude será o máis longo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade e permitirá unir a estación de Vigo- Urzaiz co val Dás Maceiras e lembrou que con esta actuación conseguiuse un importante obxectivo: que todo o percorrido do ferrocarril que discorre pola cidade de Vigo estea proxectado por baixo de superficie, coas consecuentes vantaxes ambientais, urbanísticas e socioeconómicas que ten para a cidade.
Sen dubida unhas importantes declaracions que os próximos días serán confirmadas por feitos.