Hoxe tivemos unha primeira reunión de coordinación celebrada na sede do PPdeG e presidida polo Secretario Xeral, Alfonso Rueda onde o tema central foi a afectación a Galicia do Real Decreto Lei 1/2012 de 27 de xaneiro polo que se procede a preasignación de retribucións e a supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de producción de enerxía eléctrica a partir de coxeneración, fontes de energías renovables e residuos.
Un Real Decreto Lei centrado en combatir o déficit tarifario, pero que dependendo da interpretación e lecura que se faga, poden ter unha repercusión no proxecto eólico de Galicia no que en decembro de 2010 se seleccionaron 39 promotores eólicos para desenvolver 2.325 MW, que levan proxectos industriais asociados.
Compartimos o posicionamento do presidente da Xunta que remitiu onte por carta dúas propostas ao Ministerio de Industria no sentido de que os parques de máis de 2.500 horas/ano (todos os do concurso) sexan contemplados nun réxime económico específico, que recoñeza o 70% da prima actual para os parques autorizados no 2012 e do 50%, para os de 2013; e tamén que os parques perciban unicamente o prezo de mercado, xa que cun prezo de oscilación de entre 55 e 60 euros/MW e a actual tendencia á alza, os parques eólicos galegos – sumamente eficientes- resultan rendibles.
Hai que salientar que o desenvolvemento do concurso eólico activaría 13.000 empregos e, polo tanto, resignarse á conxelación deses proxectos industriais non é unha opción para o PPdeG, polo que imos facer cantos contactos e xestions sexan necesarios co Ministerio para que a supresión dos incentivos económicos – primas - non afecte a Galicia.