Onte coñecimos a boa nova de que Adif adxudicou os contratos de servizos de asistencia para o control das obras de plataforma dos tramos Túnel de Padornelo-Lubián, Campobecerros-Portocamba e Portocamba-Cerdedelo, correspondentes á Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia, por un importe de 8.414.558 euros (IVE incluído).
Informa Adif que a supervisión e control das obras e instalacións inclúe todas as actuacións necesarias para asegurar a correcta execución dos contratos de plataforma, de acordo coa normativa de Adif, facendo especial fincapé no seguimento e control da execución de estruturas (viadutos e falsos túneles), túneles, terrapléns, desmontes etc.