viernes, 23 de marzo de 2012

Axustar o funcionamento diario da administración os custes do persoal directivo.


Onte tralo Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijoo manifestou en rolda de prensa que, por primeira vez, Galicia contará cunha norma transparente, única e con vocación de permanencia, onde se concrete as retribucións do persoal directivo titular dos entes públicos así como dos membros dos consellos das administracións de calquera empresa pública ou ente público da comunidade.

Feijóo salientou, en primeiro lugar, que o texto establece un mecanismo que fixa un tope ás retribucións e que permite homologar os salarios dos directivos dos entes públicos aos da Administración xeral. Aso, no caso dos membros dos consellos de administración determínase que percibirán un salario máximo por todos os conceptos, equiparable a un director xeral. Isto supón, aproximadamente, unha diminución do 40% das actuais retribucións do Consello da CRTVG. A maiores, no resto das empresas -que están moi por debaixo destas retribucións-, tamén se diminúe as dietas por asistencia aos consellos de administración nun 15%.

Ademais de fixar as retribucións con criterios obxectivos, o presidente afirmou que a norma dota de transparencia tanto a clasificación das entidades como os salarios dos seus directivos que poderán ser consultados na páxina web da Consellería de Facenda.

Comparto plenamente esta decisión do goberno galego que responde á filosofía de axustar ao máximo posible no funcionamento diario da administración os custes do persoal directivo.