Hoxe foi un día moi importante para a nosa Nación xa que foi conmemorado o Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812, a primeira que estableceu a soberanía popular, a división de poderes, a liberdade de expresión e a liberdade de imprenta.
Houbo un brillante acto celebrado no histórico Oratorio de San Felipe Neri e que foi presidido polos Reyes e ao que asistiron as máximas autoridades do Estado.
O presidente Mariano Rajoy destacou na súa intervención que en momentos de crise como o actual, "o Goberno e todas as institucións do Estado, estamos chamados a redobrar os esforzos por crear as condicións para que o benestar chegue a todos os cidadáns" porque "os constitucionalistas gaditanos ensináronnos que non hai que ter medo de facer reformas senón a decisión e a valentía de facelas."
A súa Maxestade o Rei, Don Juan Carlos, resaltou a obra colectiva de todos os españois que fai menos de catro décadas, e nunha conxuntura de gran complexidade, "soubemos afirmar o noso actual Estado de Dereito ao redor da Constitución de 1978."
"No labor de Cádiz, realizada nun difícil momento histórico, podemos atopar a referencia e a inspiración necesario para afrontar as serias dificultades pola que o noso país atravesa na actualidade", dixo Don Juan Carlos.
Comparto estas atinadas reflexions do Xefe do Estado.
Comparto estas atinadas reflexions do Xefe do Estado.