Hoxe tivemos o faladoiro de Radio Voz no que o tema central foi a folga xeral organizada polos sindicatos, a esquerda radical e sorprendentemente polo PSOE e contra un goberno que leva 100 días gobernando.
Dixen que era lamentable a actitude do PSOE, contra o que o PP non se manifestou na folga de 2010, e reveladora dunha gran irresponsabilidade, tendo en conta que tivemos que aprobar esta reforma laboral, para combater o cinco millóns de parados que deixaron en herdanza Zapatero e os socialistas.
Compre lembrar que esta forma pretende acadar:
• Máis emprego: Así, o obxectivo fundamental desta reforma é crear un marco estable que permita a creación de emprego sumando os esforzos de todos os que poden contribuír a esa fin.
• Máis estabilidade laboral: A través de medidas como o contrato indefinido de apoio aos emprendedores.
• Máis flexibilidade para que o despedimento sexa o último recurso: Búscase reducir a rixidez laboral, unha maior flexibilidade interna das empresas, reforzar a negociación e os acordos entre o traballador e o empresario ou a fin da ultractividade indefinida dos convenios.
• Máis oportunidades para os traballadores: Fomentará a formación, regúlase por primeira vez o teletraballo e impúlsase a utilización do contrato a tempo parcial.
• Máis loita contra a fraude: Poñeráse en marcha un plan de loita contra a fraude para que se cumpra a lei, mellorando a inspección e intensificando os controis e os cruces de información entre os distintos órganos da Administración.
• Máis eficacia do mercado de traballo: A reforma impulsa a contratación indefinida, a estabilidade e busca que o desemprego sexa a última opción.
• Orientada a devolver as oportunidades aos mozos e ás mozas: A mocidade foi un dos colectivos máis castigados pola destrución de emprego dos últimos anos de Goberno socialista. A reforma busca revertir esa situación.