Hoxe en Santiago asistin a reunión de maitines na que abordamos os procesos de fusión desde un punto de partida da voluntariedade e do respeto a autonomía local.
Por ese motivo, apelamos a un gran acordo a nivel nacional, un Pacto de Estado para rematar co minifundismo dos concellos e para facilitar as fusións.
Nese sentido o conselleiro Alfonso Rueda comparecerá no Parlamento galego para explicar a visión da Xunta do novo escenario municipal e os obxectivos que se deben perseguir e avanzou que o Goberno galego será sempre aliado e non obstáculo dos concellos que desexen avanzar na mesma liña que Oza e Cesuras.