Hoxe finalizada a sesión plenaria regresei por estrada desde Madrid e puiden constatar en toda a viaxe, ademais do intenso sol e calor, os moi negativos efectos que esta pertinaz e extemporánea seca está producindo na agricultura.
Chama a atención o feito de ver en moitas das terras de Castela os dispositivos de rega por aspersión funcionando en pleno mes de marzo, e unhas cores inusuais dos campos.
E tamén tiven que constatar con pena o importante incendio forestal que desde a autovía víase ao paso por Allariz, ao que corresponde esta fotografía e que estaba sendo atallado con medios aéreos.
Confiemos en que pronto cheguen as choivas antes de que os prexuízos sexan maiores.