O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto que establece medidas para paliar o problema dos desafiuzamentos para as persoas en risco de exclusión social. A reforma complétase cun Código de Boas Prácticas.
A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, explicou en rolda de prensa que os destinatarios desta medida son aquelas familias que contan cunha única vivenda, teñen a todos os seus membros no paro e non teñen ingresos. A cota hipotecaria non pode exceder o 60% dos seus ingresos.
Establécense uns baremos de prezo de adquisición desas vivendas: para as cidades de máis dun millón de habitantes: 200.000 euros; 180.000 nas de medio millón e 150.000 nas de máis de 100.000 habitantes.
Sáenz de Santamaría detallou que para as familias no limiar de exclusión o interese moratorio aplicable será o resultado de sumar aos intereses pactados no préstamo un 2,5% sobre as cantidades debidas e non pagados. Así mesmo, sinalou que se reforman os procedementos de execución extraxudicial para que sexan máis áxiles, máis baratos e máis transparentes.
Código de Boas Prácticas
O Real Decreto Lei incorpora un Código de Boas Prácticas ao seu texto que establece varias fases para evitar os desafiuzamentos: a reestruturación da débeda, a quíta de parte da hipoteca e, como último recurso, a dación en pago.
A vicepresidenta indicou que na primeira fase establécese un período de catro anos de carencia no pago de capital, se ampla o prazo de vixencia da hipoteca ata os 40 anos e limítanse os tipos de interese a Euribor 0,25. Se o debedor está nunha situación económica que lle impide afrontar estas condicións prevese como segundo proceso de reestruturación a posibilidade de quita de parte desa hipoteca con arranxo a unha serie de cálculos porcentuais que se establecen no Real Decreto Lei.
No caso de que o debedor non puidese facer fronte a ese programa de restructuración e a súa situación fose inviable prevese a dación en pago, a entrega da chaves da vivenda para liquidar a débeda.
Soraya Sáenz de Santamaría indicou que, ante esta situación, está previsto que durante dous anos prorrogables o inquilino poida poida quedar en aluguer nesa vivenda que entregou en pago pagando un interese limitado, que supón aplicar ao que lle quedaba da débeda unha porcentaxe do 2%.
A vicepresidenta subliñou que as entidades bancarias poderán adherirse de forma voluntaria ao Código pero, unha vez subscrito, é de obrigado cumprimento e poderase invocar ante os tribunais. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que semestralmente publicará un informe actualizado sobre o seu cumprimento.