lunes, 26 de marzo de 2012

Resultados eleccions en Andalucía e Asturias


En Andalucía consolídase a tendencia iniciada en 2004, ano dende o cal o PP sube en votos elección tras elección e, pola contra, o PSOE perde. Lonxe de verse truncado o domingo viuse incrementado. De feito, vimos como por vez primeira o PSOE non gaña as eleccións autonómicas en Andalucía.

Está claro que, cando un se presenta, faio para gañar, que é o que fixemos. gañamos. Outra cousa é que queriamos gañar e goberna, e iso non vai a ser posible.

Procede felicitar aos populares andaluces, comezando polo seu presidente Javier Areas, que catapultaron ao partido á vitoria electoral tras derrotas de máis de 20 puntos. E non se poder negar que o Partido Socialista sufriu un desastre sen paliativos, a máis importante que tivo ao longo da súa historia, e xa non poderá gobernar sen apoios

En Asturias o PSOE gañou as eleccions pero non foi quen de recuperar o voto perdido en favor da esquerda e o centro dereita. Aghardemos ao resultado do voto exterior.

O Partido Popular foi a terceira forza e pode axudar a Foro Asurias a dar estabilidade ao Goberno da comunidade.

O PP, pese ás reformas, segue tendo máis apoio nas comunidades que hai catro anos e, no caso de Asturias, ten máis apoio que hai dez meses.