viernes, 13 de abril de 2012

Aprobada a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou onte, con 192 votos a favor, 116 en contra e 4 abstencións, o Ditame da Comisión de Facenda e Administracións Públicas sobre o Proxecto de Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

Agora o proxecto pasa a ser debatido no Senado. No caso de que a Cámara Alta non inclúa modificacións, a lei quedará definitivamente aprobada, e se aproba emendas, deberá volver ao Congreso para ratificalas ou rexeitalas.


No debate foron debatidas e votadas as emendas ao articulado que os grupos parlamentarios decidiron manter vivas tras o debate desta iniciativa na Comisión de Facenda e Administracións Públicas. Así a Cámara aprobou a emenda 176 do Grupo Socialista, así como varias emendas pactadas polo Grupo Popular con CIU, UPyD e UPN.