Desde as 9,00 horas atas as 19,20 horas de hoxe compareceron na Comisión de Fomento do Congreso os altos responsables do Ministerio de Fomento, sendo de valorar que tanto o secretario de Estado de Infraestructruas, Rafael Catalá, como o presidente de Adif, Enrique Verdeguer, garantan o realismo e a credibilidade do investimento previsto para a Alta Velocidade en Galicia nos PGE do 2012.
Pero teño que lamentar que, unha vez máis, representantes de CIU e agora dio PSOE dubiden da necesidade dun investimento máis que xusta para a nosa CC.AA.
Pola mañá, Catalá explicou a solidez dos datos de investimento contemplados nas contas públicas e aclarou que a intención do Goberno é axilizar ao máximo os trámites administrativos, vixiar a execución das obras e controlar ás empresas adxudicatarias para garantir o seu cumprimento.
Ademais de defender o investimento en Galicia, Catalá anunciou que o Ministerio de Fomento ten previsto tamén ampliar a extensión da rede dos trens de proximidade durante o 2012 e, neste sentido, falou de que se estudará a posibilidade de implantar este medio de transporte na nosa Comunidade Autónoma.
Pola tarde, o presidente de Adif, Enrique Verdeguer defendeu que o Goberno está disposto a cumprir o seu investimento previsto en Galicia e, neste sentido, destacou que o novo Executivo xa adxudicou 8 tramos, por importe de 743 millóns de euros, aos que, segundo dixo, hai que engadir dous CPP por importe de 379 millóns máis, en total 1.122 millóns. A esta cantidade hai que sumar a inminente adxudicación doutros 7 tramos, por importe de 927 millóns, aos que hai que sumar 92 millóns máis en subministracións, en total, 1.019 millóns de euros.
Sorprendentemente a pesar de que o meu labor era a de presidir a Comisión de Fomento na que estaban intervindo os distintos altos cargos do ministerio para explicar os PGE do 2012 tiven que intevernir en tres ocasións por alusións para defender a xustiza dos investimentos previstos en Galicia.
A miña primeira intervención foi tras ser aludido polo portavoz do BNG, Francisco Jorquera, que asegurou que os investimentos previstos para Lubián-Ourense non poderían executarse e recordou que en 2009 Celso Delgado denunciara a imposibilidade de que se investisen os 254 millóns de euros orzados entón polo PSOE. Segundo expliquei, efectivamente entón era imposible gastar a totalidade dese diñeiro, como se demostrou un ano despois cando o Goberno tivo que recoñecer que se executaron menos de 2 millóns de euros e perdéronse 252, pero a situación hoxe é outra. Hoxe hai tramos en obra e outros a piques de comezalas e é posible gastar, entón non estaban nin licitados.
Teño que lamentar que o BNG defenda hoxe a imposibilidade de non executar estes orzamentos pero non dixese unha soa palabra respecto diso en 2009, cando realmente eran coñecedores desa imposibilidade real.
Intervín por segunda vez ante a insistencia do representante de CIU en cuestionar a cantidade prevista para investir no AVE galego. Nesta ocasión, recordei a Pere Macias que hoxe existen 28 enlaces de tren diarios entre Barcelona e Madrid, todos menos un en AVE e cunha duración de 2,30 horas, polo que é de xustiza que Galicia, que só ten un servizo diúrno e dous nocturnos, que duran 7 e 10 horas, mellore a súa situación actual de absoluto illamento.
Pola súa banda, o portavoz dos socialistas, o granadino Manuel Pezzi, tamén descualificou ironicamente o investimento previsto para o AVE galego falando de que a Galicia lle tocou “a lotería”, ao que contestei recordándolle que en Andalucía están celebrando o 20 aniversario da chegada do AVE e agora tocáballes a outros territorios como Galicia.
Ver debate en directo
http://www.laregion.es/noticia/205868/adif/asegura/licitaran/siete/tramos/lubian-ourense/2012/pero/concretar/partidas/segun/
http://www.laregion.es/quencho.php
http://www.laregion.es/opinion/13963/
http://www.cincodias.com/articulo/empresas/fomento-destapa-contratos-1300-millones-suspendidos-adjudicar/20120418cdscdiemp_14/
http://www.crtvg.es/informativos/tirapuxa-entre-os-grupos-politicos-polo-investimento-previsto-nos-presupostos-para-a-alta-velocidade-galega-299947#.T47OBrPUP18
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/18/ciu-acusa-fomento-dar-trato-privilegiado-galiciacriticas-psoe-respuesta-ciu/0003_201204G18P13991.htm
Ver debate en directo
http://www.laregion.es/noticia/205868/adif/asegura/licitaran/siete/tramos/lubian-ourense/2012/pero/concretar/partidas/segun/
http://www.laregion.es/quencho.php
http://www.laregion.es/opinion/13963/
http://www.cincodias.com/articulo/empresas/fomento-destapa-contratos-1300-millones-suspendidos-adjudicar/20120418cdscdiemp_14/
http://www.crtvg.es/informativos/tirapuxa-entre-os-grupos-politicos-polo-investimento-previsto-nos-presupostos-para-a-alta-velocidade-galega-299947#.T47OBrPUP18
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/18/ciu-acusa-fomento-dar-trato-privilegiado-galiciacriticas-psoe-respuesta-ciu/0003_201204G18P13991.htm