Como coordinador dos deputados galegos do PP no Congreso, Celso Delgado, fixen unha valoración no sentido de que os PGE do 2012 demostran o inequívoco compromiso do Goberno de Rajoy con Galicia a pesar da crise e destaquei o aumento do investimento total do conxunto de ministerios e sociedades, que se elevará a 1.706.148,20 M€, un 9,48% máis dos 1.558.357 M€ orzados o pasado ano.
Galicia recibirá así o 13,44% sobre o total rexionalizado de investimento do Estado. Destaca especialmente o Ministerio de Fomento, cun aumento do 16,95% no seu investimento en Galicia respecto de 2011 (investirá 1.598.405 millóns de euros).
O meu xuizo nun momento no que hai que priorizar e decidir, o Goberno de España fixo xustiza con Galicia e puxo sobre a mesa uns orzamentos nos que a nosa CC.AA. ve mantido o seu compromiso co AVE, tanto na súa enlace coa meseta como o Eixo Atlántico, así como as principais infraestruturas, entre outras a autovía do Cantábrico, a terceira rolda da Coruña ou o porto Exterior.
Sen dúbida o PP viuse obrigado a presentar aos españois os PGE máis duros da historia pola irresponsabilidade dos socialistas durante os seus oito anos de Goberno e, fronte a isto, os PGE de 2012 son un exercicio de austeridade e de realismo. Os galegos, e os españois en xeral, poden ter a certeza de que son uns PGE que son verdade.
É de lamentar que os PGE do 2012 non poidan conter máis investimentos, pero se os socialistas durante a súa etapa de goberno non se dedicaron a malgastar e gastar o que non tiñan hoxe España e Galicia poderían ter outras contas públicas.
Son uns orzamentos que salvagardan o esencial pero que se axustan aos obxectivos de déficit e á excepcional situación herdada por este Goberno.