Hoxe coñecemos a Enquisa de Población Activa correspondente ao primeiro trimestre de 2012.
Os datos son os seguintes:
En España:
A ocupación descende en 374.300 persoas no primeiro trimestre ata un total de 17.433.200. A taxa interanual de variación do emprego é do 3,96%.
A poboación activa baixa en 8.400 persoas. O número de parados aumenta en 365.900 persoas e alcanza a cifra de 5.639.500.
A taxa de paro increméntase en 1,59 puntos ata o 24,44%. Pola súa banda, a taxa de actividade mantense no 59,94%.
O descenso da ocupación é case tres veces maior entre os homes (278.300 menos) que entre as mulleres (96.000 menos).
Pola contra, o aumento do paro afecta prácticamente por igual a homes e mulleres.
A ocupación descende en todos os sectores.
O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 138.400, mentres que o de asalariados con contrato temporal faio en 279.600.
O número de fogares con todos os seus membros activos en paro aumenta en 153.400 no trimestre e sitúase en 1.728.400.
Por comunidades autónomas, a taxa de paro oscila entre o 13,55% de País Vasco e o 33,17% de Andalucía. A taxa de actividade fluctúa entre o 51,33% de Principado de Asturias e o 64,77% de Illes Balears.
Andalucía, Cataluña e Comunitat Valenciana rexistran os maiores descensos de ocupación e os maiores aumentos de paro este trimestre. Comunidade de Madrid é a única na que aumenta o emprego. O paro increméntase en todas.
En Galicia:
A ocupación sitúase en 1.050.500 o que supon 22.400 menos que no trimestre anterior (-2,09 %)
O número de parados ascende a 265.600, o que supon 25.200 mais que no trimestre anterior ( 10,48 %)
A tasa de actividade é do 55,51 %, lixeiramente superior ao do trimestre anterior que fora do 55,33 %.
A tasa de paro é do 20,18 %, cando no trimestre anterior foi do 18,30 %.
En Ourense:
A ocupación sitúase en 108.200, o que supon 3.400 menos que no trimestre anterior.
O número de parados ascende a 27.200, o que representa 900 mais que no último trimestre de 2011.
A tasa de actividade é do 47,65 %, lixeiramente inferior ao anterior trimestre cando foi do 48,40.
A tasa de paro é do 20,10 % cando no trimestre anterior fora do 19,08 %.