A primeira hora de hoxe, recen chegado de Santiago por vía aérea, acudin a un acto informativo, organizado por Nova Economía Fórum, no que diante dun ateigado auditorio interveu o ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos,.
Na sua exposición adiantou que o primeiro trimestre de 2012, en termos de PIB, vai ser moi similar ao último trimestre de 2011, no que a economía española retrocedeu tres décimas.
Tamén destacou que se producirá unha estabilización da situación tanto en crecemento como en emprego, e engadiu que non cría que fora a ser moito peor que o final de 2011.
Sinalou que a axenda reformadora continúa, porque no Goberno estan convencidos de que a través dunha economía baseada na austeridade, nas reformas económicas e na equidade poderase sacar a España da situación actual.
Defendeu que as últimas reformas anunciadas na sanidade e a educación, pretenderan servir para aforrar outros 10.000 millóns de euros, e que non son froito da improvisación ante a situación dos mercados, senón que se enmarcan nun plan coordinado do Executivo.
Finalmente asegorou que o executivo non vai perder o rumbo a medio prazo polas turbulencias financeiras ou a prima de risco.