Hoxe participei como todos os xoves, desde as 8,30 a 9,30 horas, no faladoiro que dirixe Antía Díaz en Radio Voz e na que tres deputados galegos no Congreso, Francisco Jorquera, Laura Seara e eu mesmo, opinamos sobre os temas de actualidade.
O tema central foi a reforma sanitaria que onte acordaron no Consello Interterritorial do Sistema Nacional da Saúde o Goberno de España e as Comunidades Autónomas.
Nas miñas intervencións dixen que a actual situación de crise económica que atravesa España puxo ao descuberto, con toda a súa crueza, as debilidades do noso sistema nacional de saúde que ten máis de 15.000 millóns de euros de débeda.
Afirmei que o obxectivo fundamental da reforma sanitaria é garantir a sustentabilidade do sistema, preservando sempre o dereito dos cidadáns á protección da súa saúde e a garantir que a Sanidade española seguirá sendo Universal, Pública, Gratuíta e da Máxima Calidade.
Dixen que esta reforma vela polo interese de todos os cidadáns, especialmente daqueles que máis están sufrindo a crise como os parados de longa duración, os pensionistas, os enfermos crónicos e en xeral aqueles que carecen de recursos.
Comentei algunha das bases da reforma, que agora nesta entrada complemento:
1. GRATUÍTA: A reforma garante que a asistencia sanitaria vai seguir sendo gratuita.
- Non se vai a cobrar pola asistencia sanitaria.
- Seguirán sendo gratuítos os servizos de prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación que se dispensan en centros sanitarios ou sociosanitarios así como o transporte sanitario urxente.
2. XUSTA: É unha reforma que protexe aos máis desfavorecidos, especialmente os parados de longa duración, os pensionistas, os enfermos crónicos e en xeral aqueles que carecen de recursos.
- Os parados sen prestación, que antes pagaban o 40%, agora non pagarán nada.
- Os perceptores de rendas mínimas de inserción, de pensións non contributivas e situacións análogas tampouco pagarán.
- Os pacientes de enfermidades graves e os pacientes crónicos terán unha achega reducida do 10%, cun límite máximo de achega actualizado ao IPC.
3. SOLIDARIA: É unha reforma solidaria pois achegarán máis aqueles que teñan rendas superiores.
- Os valores ou graos de achega para o pago de medicamentos establécense en función de tres criterios: Renda, idade e grao de enfermidade.
- Mantense a diferenza entre activos e pensionistas.
- Establécense tres tramos en función da renda (de 0% a 60%)
- Establécense para os pensionistas límites máximos de achega ao mes en función da renda. Na maioría dos casos a achega non superará os 8 ou os 18 euros, e só en caso de rendas superiores aos 100.000 € establecerase un límite de 60 €.
4. SOSTIBLE: sentan as bases para garantir a sustentabilidade deste gran servizo público.
- A reforma fai un Sistema Nacional de Saúde economicamente sostible, cunhas contas saneadas.
- Establécense criterios para lograr o equilibrio orzamentario e acabar coa débeda de máis de 15.000 M € que lastra ao sistema.
- Este Plan de Reforma da Sanidade, con medidas de eficacia, eficiencia, calidade e aforro, e sen menoscabo do dereito ás prestacións, permitirá xerar unha eficiencia superior ao 10% do gasto sanitario público, o que se traduce nunha cifra próxima aos 7.000 millóns de euros.
5. EQUITATIVA: Todos os españois son iguais ante a sanidade pública.
-Establécese unha Carteira Común Básica de Asistencia Sanitaria para que todos os cidadáns reciban as mesma prestacións no conxunto do territorio nacional, dada a constatación das diferenzas existentes.
- Configúrase ademais unha Carteira de Servizos Común Suplementaria que incluirá todas aquelas prestacións cuxa provisión realizar mediante dispensación ambulatoria e están suxeitas a achega do usuario.
-Tamén se crea unha Carteira Común de Servizos Accesorios que incluirá todas aquelas actividades, servizos ou técnicas, que, non sendo prestación sanitaria, considéranse imprescindibles en determinadas enfermidades.
- Garántese a cohesión e equidade do SNS mediante un Fondo de Garantía Asistencial que cubrirá os servizos prestados polas Comunidades Autónomas a pacientes desprazados desde outra Comunidade.
6. UNIVERSAL: Garante a universalidade e evita o turismo sanitario.
-Ningunha persoa, sexa nacional ou estranxeira que o necesita vai quedar desatendida, pero se evita que haxa cidadáns estranxeiros con solvencia económica que mediante lagoas administrativas poidan beneficiarse de forma gratuíta dos servizos sanitarios españois.
- Evitarase o uso fraudulento de prestacións de servizos por persoas non aseguradas e permitirá o control do turismo sanitario.
-España vai poder factura de xeito rápido e directa aos seus países de orixe.
7. DE CALIDADE: Presérvase a máxima calidade asistencial de todas as prestacións.
- A reforma estrutúrase a través de ámbitos e medidas, baseadas fundamentalmente na ordenación e priorización das prestacións sanitarias e farmacéuticas aplicando con rigorosidade criterios de calidade.
-A Rede de Axencias de Tecnoloxías e Prestacións Sanitarias será, (similar ao NICE británico) a encargada de pilotar e avaliar a ordenación prevista dun xeito imparcial e obxectiva.
8. EFICIENTE: Incorporaranse todas aquelas medidas que consigan unha mellora na eficiencia.
- Farase unha implantación intensiva de novas tecnoloxías a través da E-SAÚDE, avanzando decididamente na implantación do cartón sanitario común compatible e o historial clínico dixital.
- Porase en marcha unha plataforma centralizada de compras que permitirá aforrar ata un 50%.
- Complementarase con políticas de eficiencia enerxética que permitirán diminuír o impacto ambiental.
- Adecuaranse os envases ás pautas e tempos de tratamento habituais, co fin de introducir criterios de racionalidade e frear o malgasto e o mal uso do medicamento.
9. EFICAZ: É unha reforma que mellora a atención ao paciente xerando aforros ao sistema.
- Impulsarase o uso de xenéricos.
- Elaborarase un novo sistema de actualización do Nomenclator.
- Porase en marcha o Pacto Sociosanitario que xerará aforros próximos a un 10% das pernoctaciones hospitalarias.
10. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL: Ordena adecuadamente os Recursos Humanos do SNS.
- Facilitarase a mobilidade dos profesionais entre os servizos de saúde.
- Elaborarase un catálogo homoxéneo de categorías profesionais onde se establezan as equivalencias entre os distintos servizos de saúde.
- Regularanse as áreas de capacitación para facer realidade as superespecialidades como a cirurxía cardíaca infantil