Hoxe coñecimos os datos do parao rexistrado correspondentes ao pasado mes de marzo.
Rexistráronse en Galicia un total de 276.795 persoas desempregadas, o que supón en termos absolutos un aumento do paro rexistrado de 2.120 persoas. A cifra representa un aumento porcentual do 0,77% con respecto ao mes de febreiro.
A nivel estatal, o desemprego aumentou nun 0,82% -38.769 persoas desempregadas máis-, polo que, no Estado o número de parados sitúase en 4.750.867. Así, a media do aumento en Galicia está lixeiramente por debaixo da media do Estado.
Este paso mes de marzo o paro diminuiu en tres comunidades autónomas: Cataluña (-3.701), Illas Baleares (-2.230) e Navarra (-392). Por outra banda, das comunidades nas que sube o paro, Galicia é a cuarta na que menos aumenta en termos relativos.
As comunidades onde máis se incrementa o paro rexistrado son Andalucía (+12.538), Valencia (+6.575), Canarias (+4.801), Castela A Mancha (+4.577) e Madrid (+4.501).
Máis da metade do incremento do paro en marzo rexístrase no sector servizos (66,65%).
Por outra parte, o segundo colectivo no que máis aumenta o desemprego en termos absolutos, e o primeiro en termos relativos, é no colectivo sen emprego anterior (+438, +1,53%). Neste caso en concreto, non se trata de destrución de emprego, senón que son persoas que se incorporan por primeira vez á busca activa de emprego.
Estamos ante un mes no que tradicionalmente, en tempos de crise, se producen incrementos do paro.