Na sede do PP de Ourense, comparecimos esta mañá os deputados nacionais Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Belén Vázquez, e os senadores pola provincia Carmen Leyte e Miguel Pérez de Juan, para facer balance dos Orzamentos Xerais do Estado para o 2012.
Dixen que os PGE do 2012 acreditan dun modo impresionante o compromiso do Goberno de Rajoy con Ourense a pesar da crise. Destaquei o aumento do investimento total do conxunto de ministerios e sociedades en Ourense, que se elevará a 759.002,44 M€, un 201,49 % máis dos 251.753,26 M€ orzados o pasado ano 2011.
Ourense recibirá así o 5,98 % sobre o total rexionalizado de investimento do Estado.
Destaca especialmente o Ministerio de Fomento e as súas empresas que investirán 737.394 M€ fronte aos 217.640 do ano 2011.
Recordei as palabras do anterior ministro de Fomento en agosto do pasado ano, cando retou a Mariano Rajoy “a que se alcanzaba a Presidencia realizase a mesma investimento que os socialistas, que cifrou en 650 millóns de media ao ano “ e o certo é que agora estamos falando de 862 millóns de euros para o AVE coa Meseta e de máis de 300 para o Eixo Atlántico.
Fixen o desglose do investimento do Estado en Ourense por Ministerios, destacando o investimento do Ministerio de Fomento de 30,2 M€, do de Medio Ambiente de 7,6 M€ e do subsector empresarial e fundacional, con 720,12 M€.
Tamé fixen un desglose pormenorizado do investimento do Estado en Ourense por parte do Ministerio de Fomento, con detalle dos Proxectos:
En estradas os investimentos consignados son os seguintes:Circunvalación Norte de Ourense 160,57, A-76 Ourense- Ponferrada 21,90, Seguridade Vial Xinzo 200,00, Conservación estradas. 6.952,07, Seguridade Víal 879,58, A-56 Ourense- Lugo 300,00, Enlace Carballeda Avia 50,00, Expropiacions 4.560, Circunvalación O Barco 436,77, Enlace coa N-120 na A Rua 50,00. En total, a suma ascende a 13.611 (todo en miles de euros)
En ferrocarril os investimentos previstos ascenden a 16.517miles de euros, con este desglose: LAV Ponferrada- Monforte: 48,61, LAV Ourense-Vigo: 1.145,25, Convenio ADIF: 15.318,00, ADIF: Estacion Ave 5.000,00, LAV Lubián-Ourense: 701.428,00, Estacions: 743,00. Mellora Praza Abastos: Ourense 94,79 e Correos :376,00.
De seguido a deputada Ana Vazquez Blanco, expuso os investimentos dos restantes Ministerios e Sociedades na nosa provincia.
O de Medio Agricultura, alimentación e Medio Ambiente prevé 7.623,27 miles de euros de investimentos. A sociedade pública Aquanorte adicará 8.700 miles de euros ao abastecemento de auga a Ourense e 500,00 ao proxecto da EDAR de Ourense. A sociedade SEIASA contempla para os regadíos de A Limia 879,00 miles de euros.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte contempla un investimento de 900,00 miles de autos para o Arquivo e a Biblioteca Pública de San Francisco.
A Soceidade Estatal de Gestión Inmobiliara de Patrimonio adicará un total de 2.500,00 miles de euros as obras de rehabiltación do edificio do Banco de España.
Tamén na miña intevención falei de que todo este esforzo investidor en Ourense faise coincidindo cos Orzamentos máis esixentes da historia, comprometidos en garantir o cumprimento do déficit nun momento de recesión. Resaltei que o profundo axuste das contas para 2012 permitirá alcanzar o obxectivo de déficit para o conxunto das Administracións Públicas do 5,3 por 100.
Tamén na miña intevención falei de que todo este esforzo investidor en Ourense faise coincidindo cos Orzamentos máis esixentes da historia, comprometidos en garantir o cumprimento do déficit nun momento de recesión. Resaltei que o profundo axuste das contas para 2012 permitirá alcanzar o obxectivo de déficit para o conxunto das Administracións Públicas do 5,3 por 100.
Así o Estado fará o maior esforzo de consolidación da democracia, cun axuste de 27.300 millóns de euros, entre control de gastos e aumento de ingresos.
Os Orzamentos do Estado deste ano contemplan unha redución do conxunto do gasto dos Ministerios do 16,9 por 100, excluídas as obrigacións de exercicios anteriores, ata un total de 65.803 millóns de euros.
Salientei que a realización deste esforzo para cumprir co déficit, aínda que vai supor un esforzo para todos, non vai recaer nos menos favorecidos. Non se desatenden partidas prioritarias, revalorizouse o poder adquisitivo das pensións e levouse a cabo unha redución do gasto público que non recorta dereitos sociais.
A idea de xustiza prima nuns Orzamentos solidarios que van empezar a deixar de gastarse o diñeiro dos nosos fillos e dos nosos netos. É evidente que cando un gasta moito máis do que ingresa está xerando unha débeda que terán que pagar as próximas xeracións, e esa circunstancia é inxusta, insolidaria e resta oportunidades ao futuro. Iso é o que fixeron os socialistas.
Dixen que xunto a un conxunto de medidas de austeridade, os Orzamentos para 2012 inclúen decisións extraordinarias de incremento de ingresos, o que non fai outra cousa que confirmar o serio e firme compromiso de España ante unha situación límite que se confía en superar para volver á senda da recuperación económica e recuperar así a confianza perdida. Por iso o Goberno aproba medidas tributarias excepcionais para aumentar a recadación.
Recordei tamén que o PP viuse obrigado a presentar aos españois os PGE máis duros da historia pola irresponsabilidade dos socialistas durante os seus oito anos de Goberno e, fronte a isto, os PGE de 2012 son un exercicio de austeridade e de realismo. Sirva esta dato de mostra: España deberá pagar polos intereses da débeda, 28.848 millóns de euros.
Rematou a rolda o deputado Guillermo Collarte afirmando que en definitiva,son uns orzamentos que salvagardan o esencial pero que se axustan aos obxectivos de déficit e á excepcional situación herdada por este Goberno.
http://www.laregion.es/noticia/204263/trato/justicia/oposicion/estafa/
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/04/05/ourense-recibe-44-inversion-central-galicia-36-millones-son-ave/638248.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/04/05/delgado-pp-rajoy-desautoriza-blanco/0003_201204O5C5994.htm
http://www.ourensedixital.com/
http://www.laregion.es/noticia/204263/trato/justicia/oposicion/estafa/
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/04/05/ourense-recibe-44-inversion-central-galicia-36-millones-son-ave/638248.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/04/05/delgado-pp-rajoy-desautoriza-blanco/0003_201204O5C5994.htm
http://www.ourensedixital.com/