A primeira hora da mañá de hoxe asistin á Comisión de Industria, para escoitar como o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria explicaba os últimos acontecementos respecto da decisión do Goberno de Arxentina de expropiar as accións de Repsol YPF.
O ministro explicou que como parte da folla de ruta a seguir polo Goberno atópanse, aparte da orde ministerial aprobada o pasado venres que pon límite ás importacións de biodiésel procedentes de Arxentina, as xestións realizadas para que "desde Mercosur non se lle dea unha relación de preferencia a Arxentina".
Tivo palabras para agradecer o apoio que desde a Unión Europea mostraron a España e destacou a formulación que desde o Goberno propuxeron á UE sobre a suspensión de preferencias xeneralizadas a Arxentina.
Salientou que "máis aló do efecto a moi curto prazo, isto afectará á credibilidade de Arxentina, que é un país que necesita fluxo de capital estranxeiro", asegurando que o "marco xurídico, a credibilidade e a seguridade xurídica" son tres cuestións "moito máis débiles" en Arxentina tras a decisión adoptada por Goberno presidido por Cristina Fernández de Kirchner.
Soria dixo durante a súa comparecencia que 'era e é" vontade firme do Goberno manter a mellor relación bilateral política e económica con Arxentina, aínda que iso non lle impedirá defender os intereses de Repsol e do resto de empresas españolas e pedir unha xusta compensación polo dano causado.
Hai que salientar que odos os grupos parlamentarios, excepto a Esquerda Plural, mostraron o seu apoio ao Goberno español na súa actuación no conflito pola expropiación de YPF.