Hoxe asistín a boa parte dos debates na Comisión de Orzamentos do Congreso que preside Alfonso Guerra de da que é secretario o galego jaime Olano e na que se debate o Ditame do Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado.
No informe do relatorio xa foron incorporadas todas as emendas do GPP e polo tanto o debate céntrase agora nas emendas ao articulado dos demais Grupos.
Cando mañá conclúa o debate e quede elaborado o Ditame pola Comisión de Orzamentos, o texto aprobado será elevado a Pleno entre o 22 e o 24 de maio.
A continuación remitirase o texto ao Senado. No caso de que a Cámara Alta non introduza emendas nin vaiche o proxecto, os Orzamentos quedarán definitivamente aprobados.
Se o Senado aproba modificacións ou veta o proxecto, este haberá de volver ao Congreso dos Deputados, que poderá ratificar ou rexeitar as emendas e, no seu caso, levantar o veto.