A Real Academia Galega verá case dobrada a consignación orzamentaria prevista inicialmente nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2012 grazas a unha emenda do Grupo Parlamentario Popular, e disporá dunha consignación de 682.000 euros idéntica á que terán as institucións catalá e vascas.
O compromiso de Alberto Núñez Feijóo e a Xunta de Galicia coa institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín materializouse a pesar da aguda situación de crise que se vive e da necesidade de xustificar ao máximo cada euro. Hai que destacar que este importante incremento lógrase dentro dos orzamentos máis austeros da democracia.
O GPP, a pesar da crise, incorporou ao ditame que hoxe aprobou a Comisión de Orzamentos da Cámara Baixa unha autoenmenda para elevár a partida de 381.000 euros previstos inicialmente nos PGE para a Real Academia Galega ata alcanzar os 682.000 que finalmente se consignarán.
Temos que salientar que estamos falando dun incremento xusto e necesario para a promoción dunha institución dedicada ao fomento da cultura galega. É un gran motivo de satisfacción que un partido de ámbito nacional, que ten que conxugar os intereses de todos, valore a necesidade de potenciar, dentro do marco económico actual, a cultura galega.
Respecto das emendas de PSOE e BNG reclamando máis diñeiro, temos que enmarcarlas no lóxico labor da oposición. É fácil pedir cando un non ten responsabilidades de Goberno pero o Executivo de Mariano Rajoy deixou claro que cando toma decisións, a pesar da crítica situación económica, ten moi presente a Galicia.