Hoxe os períodicos "La Región" e "Atlántico Diario" publican un traballo do xornalista Héctor Díaz sobre como os aeroportos galegos sobrevoan a crise e no que da conta da opinión de tres parlamentarios: José Blanco, Francisco Jorquera e quen suscribe.
Recolle as miñas opinións dun modo resumido que aquí reprouzco na súa integridade.
¿Parécelle adecuado que Galicia teña tres aeroportos?
É un feito obxectivo que contamos desde fai moitos anos con tres terminais.
Os aeroportos son decisivos para a mellora da competitividade, poero hai que evitar que dean perdas e compre atraer clientes. Deben estar dotados de plans de negocio que os fagan viables e competitivos.
¿Considera necesario pechar algún deles?
Non. O que é necesario é unha auténtica coordinación aeroportuaria e que os aeroportos galegos non poidan competir entre si, de forma que se produza unha complementariedade.
Perderán os tres se non se coordinan e cooperan.
Hai que reter pasaxeiros españois que hoxe voan desde Porto e captar usuarios daquel País se é posible.
¿Cre que a opción pasa por especializalos ou facer formulacións diferentes para cada un deles?
Insisto que os tres aeroportos deben coordinar a súa oferta de voos para evitar unha competencia entre eles.
Os cidadáns galegos debemos dispor de voos con independencia de que eso supoña que haxa que desprazarse a 50 quilómetros do domicilio para buscar un voo internacional ou un a outros destinos do territorio que non sexan Madrid ou Barcelona.
¿Cre que a chegada do AVE provocará unha futura caída de viaxeiros?
Certamente a posta en servizo das liñas de alta velocidade entre Madrid e Galicia - co establecemento de tempos competitivos de viaxe - implicará unha captación de usuarios do transporte aéreo. Así sucedeu, por exemplo nas conexións entre Madrid-Barcelona e Madrid-Sevilla.
http://www.laregion.es/noticia/211089/aeropuertos/sobrevuelan/crisis/
http://www.atlantico.net/noticia/197531/aeropuertos/sobrevuelan/crisis/
http://www.laregion.es/noticia/211089/aeropuertos/sobrevuelan/crisis/
http://www.atlantico.net/noticia/197531/aeropuertos/sobrevuelan/crisis/