Onte tivo lugar unha importante reunión da Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso na que foi aprobado o Proxecto de Lei de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral incorporandose ao texto un total de 70 emendas propostas pola práctica totalidade dos grupos parlamentarios.
Na tramitación do Proxecto, ao que se presentaron 656 emendas, incorporáronse achegas de practicamente todos os grupos parlamentarios. Como consecuencia deste diálogo, aprobáronse emendas de PSOE, CIU, Esquerda Plural, UPyD, Foro e UPN.
Así mesmo, chegouse a acordos de transacción con PSOE (oito), CIU, Esquerda Plural, UPyD, PNV e BNG.
Estas 70 emendas melloran un texto que sae da Comisión con máis apoios posto que se trata dunha reforma laboral que está pensada só e exclusivamente no interese xeral para frear a destrución de emprego.
Debemos recoñecer o esforzo feito por parte do Grupo Popular para mellorar o texto e alcanzar o maior acordo político, a pesar de que o Goberno socialista, compre sembrar, non aceptou na súa reforma ningunha das emendas que no seu momento expuxo o GPP.
En liñas xerais, o texto aprobado onte dá máis garantías reforzando as causas obxectivas do despedimento e non computará as ausencias do traballo que obedezan a un tratamento de cancro ou enfermidade grave.
Tamén se limita a vixencia do contrato de traballo indefinido de apoio aos emprendedores ata que a taxa de paro sexa dun 15% e contémplanse bonificacións para os familiares do autónomo.
En liña coa Lei de Transparencia, esténdese ao sector público autonómico e local o control das retribucións e indemnizacións do persoal de alta dirección.
Celebro estos acordos nunha Lei que impulsa unha reforma pensado por e para o emprego.