No faladoiro de Radio Voz que dirixe Antía Díaz Leal, hoxe tocou falar dun xeito monográfico do sector naval, tendo en conta as novas optimistas producidas onte.
Pola miña parte destaquei o feito de que o Goberno central notificara á Unión Europea unha proposta de amortización anticipada para o sector naval despois de negociala con Galicia e co propio sector que permitirá aos estaleiros galegos competir en igualdade de condicións que o resto de Europa.
Finalmente despois de varios meses e do envío de cinco borradores a Bruxelas sen obter unha resposta positiva, o executivo central, coa supervisión de Pymar e a participación da Xunta de Galicia, presentou una nova proposta formal que non necesita dunha autorización da Unión Europea e está baseada en elementos xa autorizados noutros sistemas fiscais e noutros sectores.
Dixen que contempla que esta fórmula de amortización sexa plantexada como unha medida xeral, aplicable a todos os activos con procesos produtivos superiores a un ano e que non conleven unha produción en serie, para o que é necesario un cambio na normativa do Imposto de Sociedades. Medida que se levará a cabo mediante a aprobación dun Real Decreto Ley.
Tamén valorei dun xeito moi positivo á reunión que onte mantivo en Ferrol o presidente da Sociedade Española de Participacións Industriais, SEPI, Ramón Aguirre quen explicou que hai dúas opcións: ou carga de traballo para Navantia ou dique flotante.
Lembrei que a situación de Navantia era a dunha compañía que levaba seis anos sen un só pedido
Finalmente falei de que agardabamos con expectación o resultado final nas negociacións mantidas nos últimos meses con PEMEX.
Xa rematada a tertulia e na rolda posterior ao Consello da Xunta, coñecimos por medio do Presidente Alberto Núñez Feijóo que nas próximas horas asinaríase unha alianza estratéxica coa empresa PEMEX, que se concreta nun dobre compromiso: 14 remolcadores, desenvolvidos exclusivamente a metade en estaleiros galegos e a outra metade en colaboración entre o sector naval galego e o sector naval mexicano.
E tamén un compromiso para explorar a utilización do Porto Exterior de Punta Langosteira como a base loxística das operacións de Pemex, en Europa.