Rematou hoxe un intenso Pleno no que tratamos temas de gran trascendencia.
O Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, foi aprobado por 179 votos a favor e 135 en contra.
O segundo Real Decreto-Lei cuxa convalidación aprobouse hoxe, con 183 votos a favor, 131 en contra e 1 abstención, foi o 17/2012, de 4 de maio, de medidas urxentes en materia de medio ambiente. A súa tramitación como proxecto de lei polo procedemento de urxencia aprobouse con 313 votos a favor e unha abstención, o que permitirá introducir modificacións ao texto.
A continuación, debateuse o Real Decreto Lei 15/2012, de 20 de abril, de modificación do réxime de administración da Corporación RTVE, previsto na Lei 17/2006, de 5 de xuño, que quedou aprobado co apoio de 193 deputados, e o voto en contra de 122.
Tamén someteuse a votación o Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, sendo convalidado co respaldo de 178 parlamentarios e o voto en contra de 137.
Estos resultados amosan a evidencia de cal é a posición dalgúns, que abertamente piden o diálogo - o facia o martes Rubalcaba - pero á hora da verdade o que fan é oporse a todo e votar a todo que non.