Agora que se fala de axudas á Banca española convén recordar que os países da Unión Europea inxectaron 1,6 billóns de euros para axudar aos seus bancos entre 2008 e 2010.
Así os países da UE dedicaron 1,1 billóns a avais dos bancos. Máis de 400.000 millóns foron axudas de recapitalización de activos malos.
Grazas a que os bancos de Europa e EEUU recibiron a axuda cando era necesario agora están devolvendo o diñeiro recibido.
Os 19 bancos máis importantes dos EEUU recibiron máis de 140.000 millóns de dólares do goberno no primeiro ano da crise. Agora están xa devolvendo o diñeiro.
En Europa foron rescatados con diñeiro público bancos tan importantes como Lloyds (Gran Bretaña), Hypo Bank (Alemaña), Fortis (Bélxica), ING (Holanda).
O Goberno socialista atrasou varios anos o saneamento dos bancos agravando os seus problemas.
Mentres os demais países axudaban aos seus bancos, o Goberno socialista aseguraba que tiñamos o mellor sistema financeiro.
España segue pois a política europea e americana de garantir o sistema financeiro e os aforros dos cidadáns. Os cidadáns teñen os seus aforros garantidos grazas á axuda á banca.
Este apoio público non será nin moito menos gratis para as entidades que as reciban e ademais estas axudas deberán ser compatibles co procedemento de axudas do Estado determinado pola Comisión Europea.
Este apoio público non será nin moito menos gratis para as entidades que as reciban e ademais estas axudas deberán ser compatibles co procedemento de axudas do Estado determinado pola Comisión Europea.