Hoxe non estiven na reunion da Interparlamentaria Popular de San Sebastián, pero lin a importante intervención do presidente Mariano Rajoy, da que reproduzo estas ultimas frases.
"Amigas e amigos, tocounos gobernar nun momento difícil, non só aos que estamos neste momento no Goberno da nación, senón aos que asumen as responsabilidades de dirixir os Gobernos autonómicos e, ata, os Gobernos locais. Normalmente, a todos os que nos dedicamos á política gústanos facer estradas, ou facer trens, ou facer plans atractivos que poidan ser útiles á xente. Agora non toca isto, agora toca o máis difícil. Pero nos momentos difíciles é cando se nota a vontade, a coraxe, a determinación e o patriotismo dos gobernantes. Non é o mesmo gobernar con mil que cun, ás veces con menos dun.
Agora, o que toca é pór as bases para o futuro e temos que ser conscientes disto. O obxectivo é claro porque non pode ser outro. O obxectivo é crecer e crear emprego. En canto cremos emprego e en canto haxa crecemento económico, os problemas de España van ser moito menores porque, primeiro, a xente vai estar traballando, pero a xente vai estar pagando impostos e vai estar consumindo. Iso é o que significa que todas as Administracións poidan dedicar máis diñeiro ás pensións, á sanidade ou á educación.
Xa que logo, ese é o obxectivo e para facelo, todos debemos utilizar os mesmos instrumentos e camiñar na mesma dirección. Xa sei que é difícil, pero é así, tocounos o difícil. Eu dígollo moitas veces aos membros do meu Goberno. Probablemente, ao titular de Fomento, ao de Medio Ambiente ou ao de Sanidade gustaríalle poder dispor - é humano e é lóxico- de moitísimos máis recursos dos que dispón neste momento. Pero isto non é así e, xa que logo, hai que facer o que lle interesa a España, o que lle convén ao interese xeral. Hai que tomar decisións xustas, equilibradas e equitativas.
Eu sempre vos dixen, desde fai anos víngoo dicindo, que o partido ten algunhas cousas boas, noutras cousas acertaremos máis ou menos como lle pasa a calquera. E este partido ten un presidente que só pode presumir dunha cousa, de independencia. Xa que logo, tomamos decisións que non lle gustan a moita xente, a moitísimos, pero intentamos ser xustos e equitativos.
Xa se, como non vou sabelo, que hai moita xente que pode non entendernos, que di "agora tivestes que subir o Imposto da Renda, agora tomastes decisións en materia de sanidade ou de educación",pero tamén tomamos decisións que afectan a outros. Sempre intentamos ser xustos e equitativos e preservar aquilo que cremos que debemos preservar, como as pensións, a sanidade, a educación.
Cremos que é o máis importante neste momento. Insisto, o momento é difícil, pero sabemos o que hai que facer e, ademais, estámolo facendo; e dependemos fundamentalmente de nós.
É verdade que sería importante que en Europa se tomasen segundo que decisións e eu vou intentar traballar para que así se faga, pero dependemos fundamentalmente de nós. Creo que hai moitísima xente que nos entende, que saben que é difícil. Non tomamos segundo que decisións por gusto.
Moitos de vós gobernades ou gobernastes que ao dirixente político gústalle facer cousas que lle guste á xente. Non toca isto agora, pero estamos empeñados nunha dos labores máis xigantescos que se poden facer, que é sacar a España dunha crise moi forte -que non provocamos nós- e, sobre todo, preparar as bases para o futuro e axudar a construír e a que salga adiante ese gran proceso europeo que é o euro.
Ese é o reto que temos por diante. Para iso pídovos a vosa axuda e o voso apoio. "