Hoxe coñecimos un comunicado do Tesouro Publico, clarificador e necesario para aportar luz sobre o alcance da asistencia financieira do Eurogrupo.
E o seguinte:
"En liña coas conclusións recollidas na súa "Financial System Stability Assessment" sobre España, recentemente publicado, o FMI celebra o compromiso de Europa e España e sinalou que está disposto a apoiar a implementación e a realizar o seguimento desta asistencia financeira.
O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) recibirá estes fondos europeos en condicións financeiras máis favorables que as que actualmente ofrece o mercado de capitais. O FROB utilizará estes fondos para recapitalizar entidades financeiras españolas, respectando a normativa europea sobre axudas de Estado. O Reino de España responsabilizarase da axuda financeira recibida.
Esta asistencia financeira non só non empeorará as condicións da Débeda Pública xa en circulación: reforzará tamén a súa solvencia. Ademais, un sistema bancario seguro e adecuadamente capitalizado reducirá o pasivo continxente futuro do Estado e reforzará a sustentabilidade da débeda española.
O límite de 100.000 millóns de euros garante un respaldo crible e máis que suficiente para cubrir as posibles necesidades do sistema, ata nos hipotéticos escenarios máis adversos incluíndo ademais un colchón adicional.
O acordo tan só recollerá a necesaria condicionalidade en relación coa regulación do sector financeiro, e non imporá ningunha obrigación adicional en materia de consolidación fiscal e reformas estruturais, máis aló dos compromisos actualmente vixentes.
Os detalles en relacion co paquete de asistencia financeira estableceranse, en coordinación cos nosos socios europeos, e serán comunicados ao mercado en tempo e forma.
Neste contexto, o Tesouro Público reafirma o seu compromiso cos mercados de capitais, e polo tanto continuará coa execución do seu programa de financiamento, seguindo o seu calendario regular de poxas. O Goberno de España mantén o seu compromiso co programa de consolidación fiscal e reformas estruturais, programa co que España se gañou a confianza dos seus socios europeos"
Compre lembrar que entre as funcions do Tesouro Publico esta a xestión da Tesourería do Estado, pagos no exterior, avais do Estado, acuñación de moeda e ordenación central de pagos a autorización e control das contas do Tesouro Público e a xestión da Caixa Xeral de Depósitos.
Tamen o estudo, proposta e xestión do endebedamento do Estado e riscos financeiros da carteira de Débeda do Estado e a promoción da distribución e liquidez de devandita Débeda.
Ademais lle compete a dirección e desenvolvemento da política financeira e a elaboración e tramitación das disposicións relativas ás entidades financeiras e de crédito, aos mercados de valores, aos sistemas e instrumentos de pago e ao réxime de sociedades cotizadas e bo goberno corporativo, e aos movementos de capitais e transaccións económicas co exterior.
En definitiva asume responsabilidades de gran trascendencia.