En Compostela asistin hoxe pola mañá a intervención do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar no almorzo-coloquio do Fórum Nueva Economía, que fou presentado polo presidente Alberto Núñez Feijóo.
Baltar afirmou que estamos vivindo momentos difíciles nos que todo é revisable e que polo tanto tamén as Deputacións poden ser reformuladas, propoñendo tres modalidades de reforma:
- A electoral para convertelas en asembleas de elección directa, tomando como base a circunscrición electoral provincial, de xeito que os cidadáns poidan elixir directamente aos seus representantes, como fan noutras eleccións.
- A competencial, de modo que haxa unha reforma da Lei de Bases de Réxime Local que configure un listado de competencias das deputacións evitando duplicidades e solapamentos. Dixo que deben existir competencias provinciais propias e substantivas,que deben abranguer a totalidade dos servizos de interese local que, por razón das súas características, non poidan ser asumidos polos pequenos concellos rurais.
- E a do seu financiamento de xeito que haxa transferencias dos medios financeiros -en concreto, os tributos locais correspondentes- ao tempo que defendeu que as deputacións deben participar nos tributos da súa comunidade autónoma.
Asemade o presidente da Deputación falou do Plan "Ourense 92" ao que definiu como unha estratexia e xestión operativa, baseado nunha idea central, a cooperación.